María Jesús Soutullo Crespo

Procuradora Mediadora Formadora Coach

Eu son María Jesús Soutullo Crespo, Licenciada en Dereito pola Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Traballei durante máis de vintecinco anos como colaboradora da Administración de Xustiza. Na década dos 90 como funcionaria nos Xulgados de Cambados e Gondomar, e dende 2001 exerzo a profesión de Procuradora dos Tribunais, nas sedes xudiciais de Cambados, Vilagarcía de Arousa,e Pontevedra.

En constante formación, compatibilicei a miña formación inicial, os estudos de Dereito, coa actividade como Funcionaria, e ao mesmo tempo accedín ás titulacións de Xestor Administrativo (Colexio Xestores A Coruña), Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP, Universidade de Santiago de Compostela), e Educadora de Seguridade Vial (Universidade Nacional de Educación a distancia).

Actualmente formo parte do Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra, como Colexiada Exercente Número 131; do Colexio de Avogados de Ponteveda como Colexiada non Exercente número 3505; da Institución de Mediación do Consejo General de Procuradores de España; da Asociación Española de Peritos Judiciales y Mediadores Arbitrales (AEPJMA), e son membro da Irmandade Xurídica Galega, IXUGA e da Organización Mundial de Mediación, WMO .

Recentemente, participei como ponente, convidada pola WMO e en colaboración coa Universidade de Dereito de Goa, India, V.M. Salgaocar College Of Law, no Simposio sobre Mediación que alí se celebrou.

Son autora do libro de educación vial "Convivo".

Apaixóame contribuir ó benestar das persoas, realizando traballos de “acompañamento” ou “coaching”, facilitándolles con diveras ferramentas e técnicas (PNL, Constelacións Familiares, Neurociencia, etc), que acaden os seus logros, obxectivos e as súas metas.

Entendo a mediación como un beneficioso método para a paz social, e por elo son a creadora e directora dos Cursos ConZenciarTe, de Capacitación en Habilidades e Ferramentas para resolver conflitos, empoderar e empoderarte baseados na Metodoxía Sistémica.

  • Procuradora de tribunales: Levo máis de 15 anos exercendo como procuradora. Son colexiada exerciente número 131 del Ilustre Colexio de Procuradores de Pontevedra.
  • Mediadora. Comediadora Sistémica: Exerzo como mediadora de conflictos, facilitando a comunicación entre as partes e establecendo ferramentas para obter alternativas co obxectivo de conseguir ó acordo.
  • Coach: O proceso de coaching consiste nun acompañamento ás persoas para conseguir obxectivos. Disfruto ó lado das persoas para que logren a súas metas, exercendo como coach, tanto de maneira individual como grupal.
  • Comediadora Sistémica: A Comediación Sistémica consiste nun ensamble de diversas metodoloxías aplicadas ó benestar, tanto persoal como social. Son a creadora do método.
  • Formación e Talleres de Crecemento Persoal e Mediación Socioterapéutica: Realizo formacións e talleres de crecemento persoal e mediación socioterapéutica, entre outros, tanto de maneira persoal como grupal, e organizacional.
  • Participación en Congresos e Simposios:
    • VMSCL-WMO- INTERNATIONAL DISPUTE RESOLUTION GOA, marzo 2016
      Como membro da Organización Mundial de Mediación, participeí como conferenciante na Universidade de Dereito de Goa, Lex Infinitum India, marzo do 2016.
    • II SIMPOSIO DE MEDIACIÓN. CONGRESO INTERNACIONAL DE MEDIACIÓN, "Modelos de Implantación da Mediación". Salamanca, maio 2016.
    • GEMME. CONGRESO DA XUSTICIA RESTAURATIVA E TERAPÉUTICA. PAIS VASCO Donosti xuño 2016.
  • Curso de Pedagoxía Sistémica en Intervención Sociofamiliar.
  • Curso de Especialista en Terapia e Consultoría Sisémicas.
  • Curso de Coaching Efectivo con Modelado DBM.
  • Master Practitioner PNL (Programación Neurolingüística).
  • Cursos da Serie Arte e Ciencia DBM.
  • Comunicación Efectiva e a Negociación en Desenvolvemento.
  • Sentir, Sensacions, Sentimentos e Emocións Efectivos.
  • Relacións, Roles e Máscaras.
  • Crear valor de forma efectiva.
  • Resolución de Problemas de forma efectiva.
  • Linguaxe efectiva.
  • Cursos IDAFAM- Instituto Iberoamericano de Socioterapia.
  • Terapia Sistémica de Parella.
  • Axuda Socioterapéutica.
  • Constelacións Farmiliares, Organizacións e Educativas.
  • Curso de Pericia Caligráfica.
  • Xornadas Galegas Familia e Escola.
  • Curso de Xestor Administrativo.
  • Curso de Resolución de Conflictos.
  • Curso de Protocolo social, imaxen persoal e linguaxe no verbal.
  • Curso de Educación Vial para Educadores Extraescolares.
  • Curso de Linguaxe Xurídica.
  • Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP).
  • Volunteer Experience & Causes.
  • Curso de Aplicacions Informáticas de xestión: Contaplus.
  • Curso de Microsoft Office.
  • Curso de Windows e Word.
  • Curso de aplicación informática xudicial.
  • Desenvolverse de forma efectiva a partir dos reveses da vida (Niveles básico e avanzado ).

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Máis información. Aceptar