Formación baseada nas Metodoloxías Sistémicas

Nos nosos cursos aplicamos a Metodoloxía Sistémica, considerando a cada elemento como pertencente a un sistema, non só como un elemento illado, senón integrante “dun todo máis grande”, así como ás relacións que flúen bi- direccionalmente entre o elemento e o sistema ou sistemas aos que pertence.

Deste xeito, aprendemos a identificar e tratar adecuadamente as continxencias que van emerxendo tanto de maneira individual nas partes, como nas relacións, entre elas, e elas cos sistemas de pertenza, individual ou conxuntamente.

MEDIACION. El Arte del Consenso

ORDEN SISTÉMICO

Atópaste ordenado? Estás na túa orde?

Coñeces qué resultados produce na túa vida a desorde vital, sistémica?

Sabes cal é o teu lugar nos sistemas “grupos” aos que pertences no mundo? ( familia, actividades, empresa, relacións).

Todos coñecemos os resultados e consecuencias da orde e da desorde. É esencial para que algo funcione -pensemos nun reloxio-. En canto a nós, como persoas, a orde é esencial. Aprenderemos a identificar e coñecer cal é, e sobre todo cal non é, o noso lugar, nos sistemas aos que pertencemos, e as implicacións que supón a desorde, para que podamos vivir en plenitude. A través de ferramentas como o Xenograma, as Ordes do Amor, e as Ordes da Axuda, baseadas nas metodoloxía das Constelacións Familiares de Bert Hellinger.

COACHING

É un proceso consistente en axudar a outra persoa -coachee- para ir do punto A a outro punto, B, a través dunha metodoloxía: preguntas + escoita + reflexión (Mario A. Puig)

É un anglicismo que procede do verbo inglés to coach, «adestrar». É un método que consiste en acompañar, guiar a unha persoa ou grupo, co obxectivo de acadar metas ou desenvolver habilidades específicas.

Aínda que xurdíu do ámbito deportivo, o coaching, na contorna empresarial e persoal, coñécese como o proceso interactivo mediante o que o adestrador (coach) e a persoa (coachee) ou grupo atopan o camiño máis eficaz para conseguir os obxectivos fixados usando os seus propios recursos e habilidades. Hai moitos métodos e tipos de coaching. Neste curso esta medología estará enfocada a aprender a definir obxectivos eficazmente.

PNL- PROGRAMACIÓN NEUROLINGÜISTICA

La PNL, en síntesis, organiza el pensamiento, cómo funciona la mente, la percepción humana, cómo se procesa la información, la experiencia, y las implicaciones de esto respeto al éxito personal.

Todos tenemos un “software” mental, digamos “de serie”, al que durante la vida vamos añadiéndole y modificando con nuevos “programas”. Todo lo externo es interiorizado a través de nuestros sentidos. Esto significa que percibimos el mundo no como es realmente, sino como nosotros somos, según nuestros filtros, y esto determina las conductas humanas (pues, el mundo es más rico que las ideas que cada uno tiene sobre él). La PNL es un conjunto de técnicas que facilitan la comprensión del mundo que nos rodea, de los sistemas en los que vivimos, y a nosotros mismos, para notar las diferencias. Enseña a mirar desde otras perspectivas para conocer más de esos mapas, y así ampliar nuestra “zona de confort”. El poder de la palabra para modelar y facilitar cambios positivos.

“La PNL es un modelo acerca de cómo trabaja nuestra mente, cómo en esto afecta el lenguaje y cómo usar este conocimiento para programarnos a nosotros mismos, en el sentido de lograr que nuestra vida y las cosas que hacemos nos resulten fáciles y al mismo tiempo eficientes”. Robert Dilts

CONSCIENCIA-CONSCIENTE. MINDFULNESS


Como concepto psicolóxico é a concentración da atención e a conciencia, baseado no concepto de mindfulness, ou conciencia plena, a partir da meditación budista. Atención ao momento presente.


A Neurociencia estuda os procesos neuro-psico-biolóxicos do cerebro, o funcionamiento mental.

A Epixenética estuda como factores externos á cadea xenética inflúen sobre esta (por exemplo, o ambiente, social, cultural, etc).

O Xenograma é unha representación visual, gráfica, da familia, similar a unha árbore xenealóxica, que representa de maneira detallada, por medio de símbolos especiais, as relacións e eventos importantes. Isto facilita a comprensión, por exemplo, de patróns que se poden estar a repetir e interferindo en xeracións (enfermidades, parellas difíciles, mortes precoces, accidentes, quebras económicas, etc).

A VIAXE DO HEROE

Definido por Campbell: “O heroe lánzase á aventura dende o seu mundo cotián a rexións de marabillas sobrenaturais, o heroe tropeza con forzas fabulosas e, só ou acompañado, se consegue unha vitoria decisiva, regresa desta misteriosa aventura co poder de favorecer aos seus semellantes”.

“Os heroes emprenden viaxes, enfrontan dragóns, e descobren o tesouro da súa propia identidade” Pearson

Este argumento é o fío condutor de moitas películas, o guión de infinidade de historias e culturas da humanidade. En síntese, describe as etapas do camiño que leva ao ser humano a atoparse a si mesmo mediante a súa interacción co mundo do que forma parte.

É unha tradición arquetípica, un conxunto de accións entretecidas, dende o inicio ata o final da viaxe. O heroes son sempre viaxeiros. A meta da viaxe, é a totalidade.

Un heroe non sempre é un guerreiro, é un buscador, que sofre os constantes nacementos e transformacións ao longo da viaxe-vida.

Esta viaxe consiste en investigar, buscar, vivir intensamente o novo e o profundo, mesmo como equivalentes espirituais da viaxe. En algures, atópase o seu obxecto.

Viaxar, é evolución, é buscar. A vida é constante cambio. E, ante os cambios, sei, e podo, adaptarme? Cal é a miña actitude?

INTELIXENCIA EMOCIONAL



Mayer define a intelixencia emocional como “unha habilidade para percibir, asimilar, comprender e regular as propias emocións e as dos demais, promovendo un crecemento emocional e intelectual. Desta maneira pódese usar esta información para guiar a nosa maneira de pensar e o noso comportamento”.


COMUNICACIÓN


“Communicare”: compatir algo, poñer en común.

É a actividade de intercambiar información entre dúas ou máis participantes co fin de transmitir ou recibir. É un fenómeno inherente á relación que os seres vivos manteñen en grupo. A través da comunicación, obtense información do entorno e poden compartila.

O EFECTO PIGMALIÓN ( ou Profecía Autocumplida)

Unha profecía autocumplida é unha expectativa que incita ás persoas para actuar en formas que fan que a expectativa se volva certa.

O Efecto Pigmalión, en psicoloxía e pedagoxía, é un dos sucesos que describe como a crenza que ten unha persoa pode influír no rendemento doutra persoa. Isto supón, por tanto, algo importante de coñecer e estudar para os profesionais do ámbito educativo, laboral, social e familiar.

O Efecto Pigmalión pódese identificar das seguintes maneiras:

  • Suceso polo que unha persoa consegue o que se propoñía previamente por mor da crenza de que pode conseguilo.
  • “As expectativas e previsións dos profesores sobre a forma en que dalgunha maneira se conducirían os alumnos, determinan precisamente as condutas que os profesores esperaban.” (Rosenthal e Jacobson). (Wikipedia)

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Máis información. Aceptar