A mediación é un método de resolución voluntaria de controversias no que un mediador neutral e imparcial acerca as posturas das partes en conflito para que acaden acordos satisfactorios para ambas, alternativo e non excluinte do xudicial, máis económico e breve no tempo, facilitando ademáis as relacións posteriores á desavenencia.

A mediación é VOLUNTARIA, CONFIDENCIAL, e está basada no DIÁLOGO.

"Unha das funcións esenciais do Estado de Dereito é a garantía dunha protección xudicial dos dereitos dos cidadáns. Esta función implica o reto de aplicar unha xustiza de calidade capaz de resolver os distintos conflitos que xorden nunha sociedade moderna e, á vez complexa. Entre as vantaxes da mediación, é de destacar a súa capacidade para proporcionar solucións de xeito práctico, eficaz e rendible a certos conflitos e, así, establecer-se como unha alternativa ao proceso xudicial ou á arbitraxe. A mediación está construída en torno á intervención dun profesional neutral que facilita a resolución do conflito polas propias partes, de forma equitativa, permitindo o mantemento das relacións subxacentes e manter o control sobre o fin do conflito."

Preámbulo da Lei 5/2012, de 6 de xullo, de Mediación en materia civil e mercantil.

"A mediación pode definirse como un modelo alternativo de resolución de conflitos que mediante a intervención dun terceiro neutral e imparcial, axuda a dúas ou máis persoas a comprender a orixe das súas diferecias, a coñecer as causas e consecuencias do acontecido, a confrontar as suas visións, e a atopar solucións para resolver aquelas" – Poder Xudicial

  • A quen se dirixe?:

    Dirixida a tódalas persoas que teñan interese en resolver problemas na súa vida, asociacións culturais, deportivas, etc, comerciantes, educadores, profesionais de calquera ámbito, e público en xeral, que decidan atopar solución ás desavenencias que se producen no devir diario.

  • Para que serve?:

    A mediación contrubúe ó restablecemento das relacións, acadando acordos.

    Pode resolver conflitos xurdidos das relacións de convivencia (parella, amizade, vecindade, empresa, tráfico, sanitario, penal…).

  • Definición da mediación:

    A mediación é un xeito de resolver conflitos entre dúas ou máis persoas, coa axuda dunha terceira persoa imparcial e neutral, o mediador, que ten a función de acercar as posturas das partes ata unha zona de consenso, favorecendo e conducindo o proceso de comunicación, interrompido ata este proceso.

    A mediación é VOLUNTARIA, é CONFIDENCIAL, e está baseada no DIÁLOGO, e contrubúe ó restablecemento das relacións, acadando acordos.

    Os acordos acadados son execuables xudicialmente.

  • Características da mediación:
    • Neutral e Imparcial: O mediador é neutral, mantén unha posición de equilibrio e equidistancia entre ambas partes non impón criterios propios na toma de decisións, nin se sitúa a favor ou en contra de ningún dos participantes.
    • Voluntaria: Tanto para as partes como para o mediador. As persoas interesadas son quen deciden iniciar o proceso de mediación así como continúalo, ou interrompelo, sen prexuízo algún, se o consideran oportun.o
    • Confidencial: Salvo pacto en contrario, o exposto non será utilizado fóra do proceso de mediación, excepto en casos onde se detecte un feito castigado no Código Penal.
    • Flexible: O proceso adáptase ás características e necesidades particulares dos participante.
    • Autodeterminación das partes: As partes, coa intervención do mediador, xeran alternativas e opcións de solución ao conflito que presentan, chegando a acordos creados por eles mesmos que satisfán os seus intereses particulares.

A mediación formal segue un proceso establecido legalmente, coas seguintes fases:

  • SOLICITUDE DE INICIO: O proceso comeza coa solicitude de mediación por parte de unha das partes ou de común acordó por ambas, que acode/n a un mediador para promovelo.
    • Fase de INFORMACIÓN E SESIÓNS INFORMATIVAS, de presentación e explicación das regras. Dedicada a crear confianza entre o equipo de mediación e os mediados, tamén se presenta o proceso e as normas para seguir na mediación, e solicítase o seu consentimento. Asínándose a Acta da Sesión Constitutiva.
    • Pluralidade de mediadores: O procedemento pode realizarse por un solo mediador, ou máis de un, en este caso actuarán en comediación, coas mesmas particularidades para todos eles.
    • Duración do procedemento: Durará o menos posible, e concentrarase no menor número de sesións.
    • Desenvolvemento das sesións:
      • Cóntame: Fase na que as partes expoñen a súa versión do conflito, cos sentimentos que lle acompañan. As partes han de ser escoitadas.
      • Aclarar o problema: Fase dedicada a identificar os puntos de coincidencia e de diverxencia.
      • Propostas de solución: Puntos de encontro, fortalecemento da capacidade creativa das partes.
      • Proposta de acordo Fase dedicada a definir os acordos.

Ofrecer un espazo axeitado, neutral e imparcial, onde as partes se sentan cómodas e con confianza para expoñer as súas diferenzas.

Restablecer a comunicación entre persoas en conflito, potenciando a expresión de intereses e necesidades particulares.

Promover a creación de alternativas e opcións que deriven en acordos consensuados e satisfactorios para eles.

Cambiar a concepción negativa do conflito como elemento de enfrontamento cara a unha visión positiva e necesaria na convivencia, co obxectivo superior de Paz Social.

Outorgarlle ás persoas a responsabilidade e o protagonismo na solución das súas diferenzas.

Salvagardar os intereses dos menores de idade e persoas dependentes implicadas directa ou indirectamente no conflito..

  • Rápida: O proceso de mediación pode concluírse en poucas sesións, sendo sempre máis breve ca os procesos xudiciais.
  • Mantén relacións: En mediación non hai gañadores nin perdedores, xa que os acordos acadados son satisfactorios para todos os participantes.
  • Boa fe: Ao ser un proceso voluntario, existe unha predisposición positiva a traballar en común para chegar a acordos de forma pacífica.
  • Inmediata: Os participantes asisten directamente ás sesións de mediación, é dicir, non poden valerse de representantes ou intermediarios.
  • Preventiva: A mediación pode realizarse en conflitos latentes ou antes do seu agravamento.
  • Menor desgaste emocional: A mediación diminúe o enfrontamento e xera unha menor tensión emocional e psicolóxica para as partes e outras persoas implicadas, mellorando así a súa calidade de vida.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Máis información. Aceptar